Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

04/12/2017

O Goberno da Deputación fai posible a 7ª edición do Concurso de Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

- O evento, que terá lugar o vindeiro sábado 9 de decembro, reunirá a máis dun centenar de participantes de toda Galicia. As inscricións permanecerán abertas ata mañá no teléfono 982 430 546 ou no enderezo biblioteca@pobradobrollon.es

- García Porto subliñou que “os Cantos de Taberna da Pobra do Brollón son un referente na nosa provincia, e tamén dos máis importantes a nivel galego, un evento que ano a ano vai a máis incrementando o número de participantes”

- O Executivo Provincial destinou 40.000 euros á organización de diferentes actividades de dinamización social e cultural na Pobra do Brollón como a Feira do viño de Vilachá, a Feira Medieval Guímara ou o Festival de música As cores de Outono

- O evento dará comezo ás 17:00 horas, nos locais locais: O Fogón, Bar E Logo, A Salanova, Cantina de Julia, As Viñas, Bar O Pirata, Bar Avenida, La Vieja Taberna, e 1 de Maio. Todas as formacións participantes recibirán un agasallo conmemorativo

041217 FOTO PRESENTACIÓN CANTOS DE TABERNA POBRA

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda Vilariño, e o Tenente de Alcalde do Concello, Ricardo Rodicio, presentaron este luns a 7ª edición do Concurso de Cantos de Taberna do municipio que terá lugar o vindeiro sábado, 9 de decembro, co patrocinio do Goberno da Deputación. Reunirá a máis dun centenar de participantes que percorrerán nove establecementos deste municipio lugués.

O Executivo Provincial destina 40.000 euros na presente anualidade para a organización de diferentes actividades de dinamización social e cultural na Pobra do Brollón como a XXV Feira do viño de Vilachá, a IV Feira Medieval Guímara, o IV Festival de música tradicional As cores de Outono, a decoración e Festa do Nadal, así como o Concurso de Cantos de Taberna, que chega a súa sétima edición.

García Porto subliñou que “os Cantos de Taberna da Pobra do Brollón son un referente na nosa provincia, e tamén dos máis importantes a nivel galego, un evento que ano a ano vai a máis, incrementando o número de participantes. Por iso, estamos satisfeitos de colaborar nesta sétima edición, na que participarán formacións chegadas de toda Galicia. A día de hoxe xa hai 12 grupos inscritos e agardamos que nestas últimas horas de prazo poidamos chegar ata os 15, o que suporía un récord de asistencia”.

Inscricións e locais adheridos

As inscricións permanecerán abertas ata mañá, martes, no teléfono 982 430 546 ou no enderezo electrónico biblioteca@pobradobrollon.es. Todas as formacións participantes recibirán un agasallo conmemorativo desta sétima edición do Concurso. O evento dará comezo a partir das 17:00 horas, nos locais locais adheridos: O Fogón, Bar E Logo, A Salanova, Cantina de Julia, As Viñas, Bar O Pirata, Bar Avenida, La Vieja Taberna, e 1 de Maio.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000