Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

29/11/2017

60 profesionais de España, Francia e Portugal participarán na XI Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova

- O Presidente e Alcalde presentou a cita que terá lugar o 8, 9 e 10 de decembro e que pon en valor a fonda tradición no sector das antigüidades da Pontenova, que foi punto de encontro de anticuarios de toda Europa, xerando oportunidades económicas

- 30 anticuarios e 30 artesáns exporán na Praza dos Fornos. Haberá demostracións en vivo de oficios tradicionais e unha mostra con 120 pezas de oleiría e bargueños do século XVII. Os establecementos ofrecerán menús con produtos típicos a 15 euros

- O sábado celebrarase a Ruta Reivindicativa en Vespa pola Senda Verde para demandar a recuperación e posta en valor da antiga ruta mineira da Pontenova, Ribadeo, Trabada e San Tirso de Abres. Inscricións no 689 00 80 73

291117 DSC_0084

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, presentou este mércores na oficina de turismo deste municipio a XI Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de decembro. Trátase dunha cita de referencia no sector das antigüidades e da artesanía na que participan profesionais de distintos puntos de Europa. Nesta edición, farano 60 anticuarios e artesáns de España, Francia e Portugal.

O Concello organiza este evento, ao que achega tamén 5.000 euros, contando coa colaboración de establecementos e colectivos da Pontenova, así como da Deputación de Lugo, que destina outros 5.000 euros, leva unha exposición de 120 pezas de olería e bargueños e promove unha ruta reinvidicativa en vespa para a posta en valor da Senda Verde, ademais de contribuír á difusión desta cita a través da TIC. Haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo e menús de produtos típicos con prezos vantaxosos nos establecementos da localidade.

Campos Conde destacou que “con esta cita queremos poñer en valor a nosa fonda tradición no sector das antigüidades, pois a nosa vila foi o lugar de encontro de anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais. Con esta feira, xa consolidada no calendario festivo de Galicia, aproveitamos a nosa riqueza cultural para xerar oportunidades económicas no Concello, reunindo a profesionais de distintos países europeos que son capaces de mobilizar á nosa vila a milleiros de persoas durante a ponte de decembro. O ano pasado, contamos con máis de 8.000 visitantes”.

O Presidente e Alcalde da Pontenova deu ás grazas de xeito especial aos establecementos do municipio, que traballan conxuntamente co Concello para que esta feira sexa un éxito. Isto permite, por exemplo, ofrecer menús especiais a 15 euros nos restaurantes San Briz, O Lar de Balbina, A Mina e a Pulpería Esther de Monterroso. Tamén agradeceu á axuda do Concello de Pol, que presta a carpa onde se sitúan os expositores.

Profesionais e horario

Na Praza dos Fornos situarase todos os profesionais participantes: 30 artesáns e 30 anticuarios, chegados de toda a xeografía nacional, dende Galicia, Asturias, Castela e León, Huesca, Lérida ata Madrid; así como de distintos puntos de Portugal e Francia. A apertura será o xoves 8 de decembro ás 16:00 horas. O horarios o venres, sábado e o domingo será de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, agás o domingo que o peche será ás 20:00 horas.

Demostracións en vivo

Na Casa da Cultura haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Ata o momento, está confirmada a participación de 8 artesáns: José Fernández realizará demostración de olaría de barro; Luisa Martínez Vázquez de cestería en mimbre; José Mª Rodil Arruñada forxa e obradoiros de navallas; José María García Bouza realizará talla en madeira; Jesús Iglesias de torno; José Ramón Carballeira fará exhibición de tear triangular; María José Arruñada fará pintura ao óleo e Mari Carmen Otero de cestaría.

Exposición do CENTRAD

A Deputación levará unha exposición do Centro de Artesanía e Deseño composta por 120 pezas de oleiría, a maioría delas corresponden ao estudo de catalogación dirixido por Xosé Francisco Doval. Tamén haberá unha colección de bargueños fabricados no obradoiro do moble do CENTRAD, que fai un percorrido pola evolución desta particular peza de escritorio dende o século XVII e ata hoxe.

Ruta Reivindicativa en Vespa pola Senda Verde

A Pontenova acollerá a “Ruta Reivindicativa en Vespa pola Senda Verde” o 9 de decembro. Partirá da Praza dos Fornos ás 12:00 horas. Trátase dunha iniciativa coa se demanda ao Goberno Central a recuperación e posta en valor da antiga ruta do tren mineiro, executando o proxecto que se aprobou pero nunca desenvolveu pois suspendeu os fondos prevista para facelo. Esta senda, que transcorre polos Concellos de Ribadeo, A Pontenova, Trabada e San Tirso de Abres, conta cun grande valor patrimonial, cultural e paisaxístico. A súa recuperación contribuirá cando menos ao impulso do turismo e da economía da Comarca. Os interesados en participar nesta iniciativa aberta ao público poden inscribirse no 689 00 80 73.

Sonidos

Imáxenes

291117 DSC_0117

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000