Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

13/10/2017

Goberno da Deputación e Concello impulsan o comercio lucense coa 8ª Feira Outlet organizada polas Autónomas

- A iniciativa, que reunirá a comerciantes lucenses ofrecendo nos seus stands centos de produtos con descontos entre o 50 e 80%, terá lugar os días 17, 18 e 19 na praza Anxo Fernández Gómez, na carpa que a Deputación cede a Asociación de Autónomas

- López Izquierdo subliñou que “con esta iniciativa apoiamos á pequena e mediana empresa, ao mesmo tempo que impulsamos a economía local, pois en anteriores edicións rexistráronse beneficios medios de 100.000 euros, 3.500 euros por comercio”

- Pola súa parte, Ana Prieto apuntou que “esta Feira Outlet vén precedida por outras iniciativas similares que a Asociación de Autónomas pon en marcha ao longo de todo o ano co respaldo da Deputación e o Concello, coma o Street Market ou a Noite Aberta”

- A Feira Outlet estará aberta na carpa situada detrás da Casa do Concello en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Haberá produtos de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, lencería, bixutería, fogar, pel, complementos ou agasallos

131017 FOTO PRESENTACION FEIRA OUTLET

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Economía e Emprego, Ana Prieto Nieto, presentaron este venres a oitava edición da Feira Outlet, que terá lugar os días 17, 18 e 19 de outubro e que reunirá a numerosos comerciantes lucenses ofrecendo nos seus stands centos de produtos con descontos que oscilarán entre o 50 e o 80%. Fixérono acompañadas pola Presidenta da Asociación de Autónomas e Empresarias, Marta López Yáñez, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas López.

López Izquierdo subliñou que “estamos moi satisfeitos de colaborar coa Asociación de Autónomas na celebración desta iniciativa, xa consolidada, pois trátase da oitava edición. Coa Feira Outlet apoiamos á pequena e mediana empresa luguesa, ao mesmo tempo que impulsamos a economía local, pois en anteriores edicións rexistráronse uns beneficios medios de 100.000 euros, uns 3.500 euros por comercio durante só tres días. Estes datos dan boa conta da repercusión da cita e a boa acollida entre veciños e visitantes da cidade, animando o consumo tanto polos asequibles prezos coma pola súa situación céntrica”.

Pola súa parte, Ana Prieto apuntou que “o Concello, un ano máis, colabora coa Asociación de Autónomas de Lugo, neste tipo de accións tendentes a dinamización do tecido económico lucense”. A edil declarou que “esta Feira Outlet vén precedida por outras iniciativas similares que a Asociación de Autónomas pon en marcha ao longo de todo o ano co respaldo da Deputación e o Concello, coma o Street Market ou a Noite Aberta”.

30 comercios con descontos de ata o 80%

Un total de 30 comerciantes lucenses estarán presentes nesta nova edición da Feira Outlet. Porán á venda centos de produtos variados de stock a prezos considerablemente reducidos, con descontos dun 50% a un 80%. Zapatería, téxtil, xoiería, lencería, bixutería, pel, agasallos, óptica, peiteado, cosmética, deporte e complementos serán as mercadorías que se poderán adquirir, moitas delas de destacadas marcas.

O listado de comercios participantes é o seguinte: Aluma (téxtil); Backstage Store (téxtil); Baron (téxtil); Black Market (zapatería); Bonec (zapatería e complementos); Bonita Y Coqueta (bixutería e complementos); Casa Piedad (lencería); C. Serrano (roupa de neno); C.V.P. Regalos (agasallos); Destellos (roupa de muller); Dolores Promesas (roupa de muller); Ene Y Efe (calzado); Inpe (peletería); Joyería Senén-M&N Joyas (xoiería); Kucadas Boutique Infantil (téxtil); La Casita Pérez (téxtil de nenos); Lilas (mercería e lencería); Malizia Lenceria (roupa de muller); Miky Moda (comunión, roupa sport e calzado de nenos); Mi Pequeño Vestidor (roupa de muller); Óptica De La Torre (óptica); Peletería Lucus (artigos de pel, bolsos, bixutería); Pisotones (zapatería); Sainkho (téxtil); Stela (téxtil); Thesalia (téxtil); Tolda (téxtil de muller); Vas’s (téxtil); Yute (téxtil).

3 días para mercar

A Deputación cede un ano máis á Asociación de Autónomas e Empresarias a carpa situada na praza Anxo Fernández Gómez detrás do consistorio lucense para a celebración da 7ª Feira Outlet. A carpa, na que se está a desenvolver o Artesanfroilán, estará aberta dende o martes 17 ao xoves 19 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000