Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

11/10/2017

O I Foro do Tenis Galego promovido polo Goberno da Deputación e Concello de Lugo conta xa cun centenar de inscritos

- Trátase do coloquio, totalmente gratuíto, que reunirá a destacados xogadores, adestradores, médicos ou presidentes de federacións e clubs de tenis de talla nacional e internacional o sábado no Pazo de San Marcos e no Club Deportivo D10

- As inscricións continúan abertas ata completar as 165 prazas que se ofertan, totalmente de balde. Os interesados en participar poden enviar os seus datos persoais e enderezo electrónico a info@fgtenis.net ou ben no teléfono 986 21 29 82

- Esta xornada contará coa presenza dos ex xogadores profesionais Alberto Berasategui, Javier Sánchez Vicario, o lucense Óscar Burrieza ou o Xefe dos servizos médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro, entre outros

- Por primeira vez, a cidade de Lugo acollerá un foro tenístico desta magnitude, no que todos os seguidores deste deporte e os veciños da provincia en xeral poderán gozar de coloquios e exhibicións

111017 Foto Tenis

Máis dun centenar de persoas xa se inscribiron para participar no I Foro do Tenis Galego promovido polo Goberno da Deputación e Concello de Lugo, en colaboración coa Federación Galega de Tenis, cunha achega de 3.500 euros. Trátase do coloquio, totalmente gratuíto, que reunirá a destacados xogadores, adestradores, médicos ou presidentes de federacións e clubs de tenis de talla nacional e internacional o sábado, 14 de outubro, no Salón de Actos de San Marcos, e xornada práctica de tarde, nas instalacións do Club Deportivo D10.

As inscricións continúan abertas ata completar as 165 prazas que se ofertan, totalmente de balde. Os interesados en participar poden enviar os seus datos persoais e enderezo electrónico a info@fgtenis.net ou no 986 21 29 82.

Por primeira vez, a cidade de Lugo acollerá un foro tenístico desta magnitude, no que todos os seguidores deste deporte e os veciños da provincia en xeral poderán gozar, de xeito totalmente gratuíto, tanto das ponencias que se celebrarán no salón de actos do Pazo de San Marcos, como das exhibicións que se celebrarán no Club D10 destes deportistas da primeira liña do tenis mundial.

Poñentes

Esta xornada, organizada pola Federación Galega de Tenis co apoio da Deputación e do Concello de Lugo, contará coa presenza dos ex xogadores profesionais Alberto Berasategui, Javier Sánchez Vicario, o lucense Óscar Burrieza ou o Xefe dos servizos médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro, entre outros moitos profesionais deste deporte.

Programación de actividades

O Foro do tenis galego comezará no Salón de Actos da Deputación de Lugo cun horario de:

10:15 horas: Inauguración oficial e apertura do Foro tenístico.

10:30 horas: Modelos de xestión de clubs e federacións. Moderadas por Pailo Alonso Lois, xefe de deportes de La Voz de Galicia. Participarán:

- Presidente do Club Atlético Montemar de Alicante, José Pedro García Fernández

- Ex Presidente da Federación Navarra de Tenis, Mikel Aguirre

- Presidente do Sporting Club Casino Coruña, Juan José Medín Guyatt

- Presidente da Federación Riojana de Tenis, José Luis Térroba Gutiérrez

- Secretario da Federación Navarra de Tenis, Álvaro Sexmilo Ayesa

- Ex xogador e Presidente do Club Tenis Pontevedra, Ricardo Domínguez Munaiz

- Ex Secretario xeral Real Federación Española de Tenis, Antonio Jordá

12:00 horas: Descanso.

12:30 horas: Desenvolvemento da carreira dun xogador profesional. Participarán:

- Ex xogador profesional, Alberto Berasategui

- Ex xogador profesional, Javier Sánchez Vicario

- Xefe dos servicios médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro

- Fisioterapeuta do equipo español de Copa Davis, Luis Badal Ibañez

- Ex xogador profesional, Óscar Burrieza López

Xa pola tarde, terá lugar a parte práctica do foro no Club Deportivo D10, no Concello de Outeiro de Rei, cun horario de:

17:00 horas: Actividade práctica desenvolvida pola dirección deportiva da Federación Galega de Tenis.

18:30 horas: Actividades e charla a realizar pola ONG TennisAid.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000