Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

10/10/2017

O Goberno converta á Deputación no principal patrocinador do obradoiro de teatro de Palas de Rei

- Santos Ramos e Sande Agra presentaron este martes na Casa da Cultura do municipio Teatrando co... Obradoiro de Palas, o obradoiro de teatro no que participarán máis de 100 rapaces e que terá lugar dende os meses de outubro a maio

- O Deputado de Relacións Institucionais subliñou que “con esta iniciativa buscamos fomentar entre os rapaces as artes escénicas e potenciar o teatro como un elemento de transmisión cultural, que dinamiza e impulsa a actividade lúdica e social da vila”

- O Executivo Provincial é o principal patrocinador desta cita cunha achega económica de 5.000 euros, dentro da súa aposta pola dinamización económica e social do rural

- As clases estarán impartidas polos grupos de teatro Alentía Teatro e Metátese Teatro na Casa da Cultura. Como colofón a esta actividade, os participantes estrearán os seus espectáculos teatrais durante o Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei

101017 Foto Palas

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Tenente de Alcalde de Palas de Rei, Amando Sande Agra, presentaron este martes, na Casa da Cultura do municipio, Teatrando co... Obradoiro de Palas. Trátase do obradoiro de teatro, no que participarán máis de 100 rapaces, que organiza o Concello de Palas de Rei coa colaboración do Executivo Provincial. As clases estarán impartidas polos grupos de teatro afeccionado Alentía Teatro e Metátese Teatro. O Goberno converta á Deputación na principal patrocinadora desta cita cultural cunha achega económica de 5.000 euros, dentro da súa aposta pola dinamización económica e social do rural, levando actividades, de balde, durante todo o ano.

Santos Ramos subliñou que “con esta iniciativa buscamos fomentar entre os rapaces as artes escénicas e potenciar o teatro como un elemento de transmisión cultural, que dinamiza a lingua galega e impulsa a actividade lúdica e social da nosas vilas. Esta colaboración enmárcase dentro da nosa aposta por fomentar a actividade cultural e dinamizar a economía deste Concello da Comarca da Ulloa. Pois dende do o Executivo Provincial consideramos que este tipo de citas, que reúnen a un importante número de persoas, son fundamentais para dar a coñecer e poñer en valor cada recuncho da nosa provincia, ao tempo que ofrecemos programacións de actividades, totalmente gratuítas, durante todo o ano.”

O Deputado de Relacións Institucionais lembrou que, por exemplo, o Goberno da Deputación achega máis de 100 actuacións teatrais en 44 Concellos da provincia a través do Buxiganga, para dinamizar a actividade cultural nos municipios e dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses, entre outras programacións.

Os máis de 100 participantes, de entre 4 e 18 anos, realizarán xogos e obradoiros diarios de teatro, caracterización de personaxes, improvisación, vestiario, danza, música e ritmo. Tamén recibirán clases de expresión oral, corporal e empregarán material audiovisual co obxectivo de fomentar a súa creatividade e o traballo en equipo. Como colofón a esta actividade, os rapaces estrearán os seus espectáculos durante o Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei.

Horarios

Os sábados dende outubro a maio haberá 4 clases: de 10:00 a 11:00 horas, de 11:00 a 12:00 horas, de 12:00 a 13:00 horas e de 13:00 a 14:00 horas. Dende xaneiro ata maio tamén se ofrecerán clases os luns de 16:10 horas a 17:10 horas.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000