Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

06/10/2017

Lugo acollerá a expertos oncolóxicos de todo o país no Congreso Provincial sobre o cancro

- López Izquierdo, González Abelleira e José Manuel Vázquez presentaron este venres o foro de debate que organiza Somos Unidos por el Cáncer, no que participarán preto dunha trintena de profesionais e que tera lugar os días 10 e 11 de novembro na Facultade de Enfermería

- A Deputada de Benestar destacou que “é un privilexio poder escoitar a opinión de reputados profesionais oncolóxicos, co obxectivo de afondar nesta doenza, nos novos tratamentos e como traballar coas familias que teñen que convivir con ela a diario”

- Médicos, fisioterapeutas, nutricionistas, farmacéuticos, psicólogos, xinecólogos, sexólogos, e membros de asociacións de todo o país, abordarán diferentes temas relacionados coa enfermidade

061017 Congreso cancro1

A Deputada de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira; e o Presidente de Somos Unidos Contra el Cáncer, José Manuel Vázquez, presentaron este venres, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o Congreso Provincial de Pacientes con cáncer y su entorno familiar. Trátase do foro, totalmente gratuíto, que organiza Somos Unidos por el Cáncer coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo. Participarán especialistas e profesionais da oncoloxía de todo o país. Terá lugar os días 10 e 11 de novembro, na Facultade de Enfermería, do Campus de Lugo.

López Izquierdo subliñou que “o cancro é unha das principais causas de morte en España. Un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres serán diagnosticados de cancro ao longo da súa vida. Porén, é un privilexio poder acoller na provincia de Lugo, durante dúas xornadas, a opinión de reputados profesionais oncolóxicos de todo o país, co obxectivo de afondar nesta doenza, nos novos tratamentos e como traballar coas familias que teñen que convivir día a día con esta enfermidade”.

A Deputada de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade puxo en valor o traballo de asociacións como Somos Unidos, que traballan diariamente para axudar aos doentes e familias a vencer esta enfermidade na provincia de Lugo.

Pola súa parte, González Abelleira felicitou a Somos Unidos por el Cáncer por organizar estas xornadas únicas e de gran calidade na cidade de Lugo e “por permitirnos visibilizar esta enfermidade”.

Programación e relatores

Nas dúas xornadas do Congreso Provincial de Pacientes con cáncer y su entorno familiar, que organiza Somos Unidos por el Cáncer, participarán preto dunha trintena médicos, fisioterapeutas, nutricionistas, farmacéuticos, psicólogos, xinecólogos, sexólogos, e membros de asociacións de todo o país. Está avalado por 6 sociedades científicas e declarado de Interese Sanitario. No foro abordaranse diferentes temas relacionados coa enfermidade, como os novos tratamentos, a convivencia coa doenza, coidados da pel, o cancro nos nenos ou a nutrición, entre outros moitos. A programación será a seguinte:

Venres, 10 de novembro

17:00 horas.- Inauguración

17:15 horas.- O cancro e a condución. Participarán o Tenente Xefe do Servizo de Asistencia da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Miguel Ángel Iglesias Blanco; e o Garda Civil do Subsector de Tráfico de Lugo, Manuel R. Maira Saavedra.

17:45 horas.- Abordaxe integral do proceso educativo do neno con cancro. Participará a integrante do departamento Psicoeducativo de ASION de Madrid, Antonia Martínez Aguero.

18:30 horas.- Ensaios clínicos, pola adxunta ao servizo de Oncoloxía do HULA, Begoña Campos Balea; e a coordinadora en ensaios clínicos do HULA, Raquel Romero Van Der Shoot.

19:00 horas.- Coidados da pel e maquillaxe, impartida pola farmacéutica e especialista en dermoestética, Lucía Formoso Míguez.

19:45 horas.- Maxistral. Mitos e lendas, pola facultativa especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía do Hospital Clínico Universitario Virgen de la Victoria de Málaga, Aurora García Barrionuevo.

Sábado, 11 de novembro

10:00 horas.- Mesa Redonda. Como remar co cancro. Comunicación. Participará a paciente membro de Chantada Contra o Cancro, Manuel Ángel Vázquez López; o Xefe de Oncoloxía do HULA, Sergio Vázquez Estevez; a adxunta ao servizo de Hematoloxía do HULA, Esperanza Lavilla Rubira; a Presidenta de GEPAC, Begoña Barragán; a Xefa de servizo da Unidade de Coidados Paliativos e HADO, Mª Aranzazu García Martínez; o Presidente da Sociedad Española Medicina General, Antonio Fernández-pro Ledesma; a membro de Somos Unidos, Concepción Vila Alonso.

12:00 horas.- A vida durante o cancro; 10 claves, impartida pola Psicóloga adxunta do servizo de oncoloxía do HULA, Rocío Basanta Matos.

12:45 horas.- Visión do TTO do Linfedema; pros e contras. Participará o fisioterapeuta método LEDUC, Carlos Manero García; o Presidente da Asociación Gallega de Linfedema, Juan Manuel Lameiro Barreiro. Presentado pola fisioterapeuta do servizo de Rehabilitación do HULA, Cristina Valle.

13:30 horas.- A representación da enfermidade no neno, impartido polo psicólogo clínico do Hospital da Costa de Burela, Mariano Carrero Moure.

16:00 horas.- Podo manter a fertilidade a pesar do tratamento?, impartido polo xinecólogo, especialista en reprodución asistida e director do Clínica IVI Vigo, Elkin Muñoz Muñoz.

16:30 horas.- Mesa redonda. Cáncer e sexualidade. Participarán a Vicepresidenta de AGAM e sexóloga, Beni Martínez García; o adxunto do servizo de uroloxía do HULA, Darío Calafiore; e a sexóloga, Estefanía Fernández Otero.

17:30 horas.- Cancro e nutrición, puntos de vista do endocrinólogo e o nutricionista. Impartidas pola adxunta do servizo de Endocrinoloxía do HULA, Rosa Argueso Armesto; e a nutricionista, Lidia Carballo Macía.

18:30 horas.- O hematólogo e o cancro, impartida pola adxunta do servizo de Hematoloxía do HULA, Mercedes Varela Pérez.

19:00 horas.- Clausura, coa actuación dos artistas Lucía Pérez e Vizcaíno.

Paralelamente ás xornadas, haberá 3 obradoiros gratuítos, sobre os coidados da pel e maquillaxe, de logopedia e de fisioterapia.

Somos Unidos Contra el Cáncer

Somos Unidos é unha asociación fundada en outubro do 2014 co obxectivo de dar atención e axuda a todas as persoas afectadas de cancro, tanto a pacientes como familiares. Traballan no ámbito provincial e ofrecen axuda a calquera persoa que padeza a enfermidade indistintamente da súa patoloxía.

Sonidos

Imágenes

061017 Congreso cancro2

Ver más imágenes

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000