Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

13/09/2017

O Goberno da Deputación principal patrocinador do Festival “As cores de outono”, da Pobra do Brollón con 22.000 euros

- Eduardo Vidal Baamonde e José Luis Maceda Vilariño, presentaron na Área Recreativa de Samugueiros  a IV Edición desta cita, que se celebrará o sábado 30 de setembro na vila
- O Deputado de Turismo remarcou que “apostamos por estas iniciativas que contribúen a dinamizar as nosas nas vilas, sendo un importante revulsivo económico e turístico para a toda a Comarca de Lemos, xa que espera máis de 1.000 visitantes”
- Haberá unha Master Class de canto e pandeireta gratuíta dirixida por Xurxo Fernández, e as actuacións de Tanxugueiras, Radio Cos e SES. O festival será presentado pola actriz Isabel Risco, e contara ademais cunha actuación circense

O Goberno da Deputación principal patrocinador do Festival “As cores de outono”, da Pobra do Brollón con 22.000 euros

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde da Pobra do Brollón, José Luís Maceda Vilariño presentaron este mércores na Área Recreativa de Samugueiros, a IV Edición deste festival de musica tradicional galega, que se celebra o sábado 30 de setembro nesta vila da Comarca de Lemos. O Goberno da Deputación colabora con esta cita con preto de 22.000 euros, sendo a principal patrocinadora, xunto co Concello, deste evento cultural.

Vidal Baamonde destacou que “dende o Goberno da Deputación apostamos por estas iniciativas que contribúen a dinamizar as nosas nas vilas, sendo un importante revulsivo económico e turístico para esta Comarca, pois esperase preto de 1.000 visitantes para asistir a esta nova edición. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a todos os veciños, programacións musicais de todo tipo de xéneros, estimulando e activando a vida dos nosos municipios”.

O Deputado avanzou ademais que “estas actividades contribúen a promocionar a nosa lingua, a nosa cultura, e ao mesmo tempo dinamiza a axenda cultural e festiva deste Concello da Comarca de Lemos. Nesta nova edición haberá unha Master Class de canto e pandeireta gratuíta, dirixida por Xurxo Fernández, e as actuacións de Tanxugueiras, Radio Cos e SES. Ademais o festival será presentado pola actriz Isabel Risco, e contara ademais cunha actuación circense”, explicou.

José Luis Maceda Vilariño agradeceu a implicación da Deputación neste evento, e convidou a todos os visitantes a achegarse á Pobra do Brollón “para desfrutar da musica tradicional galega con tres grupos de referencia dentro do panorama galego, e ao mesmo tempo coñecer de preto o noso rico patrimonio natural e cultural”.

Programa 2017
A IV Edición do Festival de Música Tradicional “As cores de outono” comezará coa Master Class de canto e pandeireta gratuíta, dirixida por Xurxo Fernández, que se impartirá na Casa da Cultura dende ás 16:00-18:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse no telefono: 982 430 546, ou no seguinte correo electrónico; biblioteca@pobradobrollon.es

A partir das 19:30 haberá unha actuación circense a cargo do grupo Os sete magníficos mais un clow. E ás 21:00 horas arrancarán as actuacións musicais na Área Recreativa de Samugueiros, que será presentada pola actriz Isabel Risco, coas actuacións de Tanxugueiras, Radio Cos e SES.

Tanxugueiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Formado oficialmente en xaneiro do 2016, chegaron pisando forte, destacando polas súas marabillosas voces e a súa enerxía no escenario e converténdose rápidamente nun dos grupos revelación da música tradicional galega teloneando a Xabier Díaz.

Radio Cos, famosos pandeireteiros que fan evolucionar a música galega de raíz de forma natural. Xurxo Fernandes y Henrique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. A banda de Radio Cos conformana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas ( gaita e saxo soprono), Nikolay Velikov (violín) e Xan Panpín (acordeón).

SES, se algo se pode destacar desta autora é o seu enorme carisma e forza persoal. Ten catro discos publicados, o primeiro no ano 2011, baixo o titulo Admirando a condición, e no ano 2013 editou Co xenio destrozado, con temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano. No ano 2015 publicou Tronzar os valos, o seu terceiro disco onde suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate. O seu último traballo Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha autora que sigue sendo pura forza, inconformismo e paixón.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000