Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

17/07/2017

O Goberno da Deputación ingresará 3 millóns aos primeiros 12 Concellos que solicitaron o anticipo do Plan Único

- O Executivo Provincial remitiu unha carta aos municipios para comunicarlles que pode ingresar xa o adianto do 80% dos fondos do Plan Único, sempre que o pidan, logo de que transcorresen os prazos legais de presentación de alegacións, sen que houbesen

- 12 municipios xa o pediron, pois o Goberno da Deputación avanzou aos Concellos cando se aprobou o Plan Único que podían facelo para ganar tempo, e serán os primeiros en recibir este anticipo, que concretamente ascende aos 2.929.150 euros

- Poden iniciar a contratación de 44 obras, dun mínimo de 63 profesionais para 73.332 horas de atención a cando menos 662 maiores, doutro mínimo de 61 persoas co DepuEmprego, e a de 40 actividades culturais, 25 deportivas e 17 eventos turísticos

O voceiro do Goberno daDeputación, Álvaro Santos Ramos, adiantou este venres que o ExecutivoProvincial pode ingresar dende xa nas arcas municipais o anticipo do 80% doPlan Único (que representan 16 millóns de euros do organismoprovincial), que decidiu ofrecer aos Concellos para que ganenliquidez e poñan en macha canto antes as actuacións desta programación. Podefacelo porque transcorreron os prazos legais para a presentación de alegaciónse non se formalizou ningunha. Pero necesita, en todo caso, recibir formalmentea petición deste adianto por parte de cada un dos municipios.

Santos Ramos explicou que “omesmo día que aprobamos o Plan Único, avanzamos aos municipios que foranpedindo o anticipo para ganar tempo, pois o seu ingreso require de trámitesadministrativos, non é inmediato. 12 municipios xa o fixeron polo que nosvindeiros días lle ingresaremos preto de 3 millóns. Hoxe mesmo enviamos unhanova notificación aos municipios que non o pediron para que o fagan se odesexan”.

Concellos, orzamento eactuacións

Os 12 Concellos quesolicitaron o anticipo do 80% e as cantidades que o Goberno da Deputación llesvai a ingresar son os seguintes: A Pontenova: 204.560 euros; O Valadouro:214.866 euros; Alfoz: 204.007 euros; Ribadeo: 317.255 euros; Outeiro de Rei:256.255 euros; Vilalba: 400.000 euros; O Incio: 219.661 euros; Quiroga: 257.440euros; Folgoso do Courel: 207.453 euros; Antas de Ulla: 206.825 euros; Taboada:240.776 euros; e Pol: 200.052 euros.

Son un total de 2.929.150euros, cos que estes municipios poden iniciar a contratación de:  

- 44 obras de mellora deinfraestruturas e dotacións pública (accesos viarios, locais sociais, alumeadospúblicos, melloras de instalacións deportivas, acondicionamento de estradas,abastecementos de auga...).

- dun mínimo de 63profesionais (se o fan a xornada completa e durante 1 ano) que ofrecerán 73.332horas de atención a cando menos 662 maiores, aos que non atende a Xunta deGalicia, a través do Servizo a Domicilio a persoas non dependentes daDeputación.

- dun mínimo (seo fan a xornada completa e durante 1 ano) de 61 persoas para reforzara prestación de servizos municipais a través do DepuEmprego.

Tendo en conta os mínimo doServizo a Domicilio e do DepuEmprego, poderanse contratarán a un mínimo de 124 profesionais.

- e a de 40 actividadesculturais, 25 deportivas e 17 eventos turísticos.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000