Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

13/07/2017

O Goberno da Deputación mellora con 100.000 euros a vía que une Vilalba e Xermade coa A-6, Betanzos e A Mariña

- Campos, García e Vidal supervisaron as obras que executa o Executivo Provincial na estrada dende Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xermade
- É a vía que une Vilalba e Xermade, esta zona chairega coa A-6 a través de Momán e Guitiriz, e coa Mariña mediante o vial de Cabreiros a Momán, que Xunta non arranxa
- “O acontecido nesta vía é un claro exemplo do dobre xogo do PP, pois no Concello e na Deputación, onde son oposición, din apoiar o arranxo desta estrada, e na Xunta, onde gobernan, néganse a facelo. O Partido Popular tenta enganar aos veciños”

O Goberno da Deputación mellora con 100.000 euros a vía que une Vilalba e Xermade coa A-6, Betanzos e A Mariña

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Xermade, Roberto García, supervisaron estes xoves as melloras de 100.000 euros, que leva a cabo o Goberno Provincial na LU-P-6513 dende Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xermade. É unha vía de comunicación prioritaria na Terra Chá, pois une os Concellos vilalbés e xermadés, esta zona da comarca chairega coa A-6 a través de Momán e Guitiriz, así como coa Mariña mediante a estrada de Cabreiros a Momán, que é da Xunta de Galicia e está sen arranxar, aínda as reiteradas peticións veciñais. 

Campos e García, acompañado polo Deputado do Goberno Provincial pola Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, explicaron que os traballos que executa o Executivo Provincial realízanse nun treito de 3 quilómetros, dende o 10,200 ao 13,200. Estes consisten na limpeza de cunetas, no aglomerado en quente do firme e no incremento da sinalización. Con estas actuacións, o Goberno da Deputación cumpre “con feitos” a palabra dada aos veciños da zona, que solicitaban o arranxo desta vía.

O Presidente e o Alcalde remarcaron a importancia da mellora desta estrada, que empregan a cotío, cando menos, veciños de Xermade e Vilalba, así como centos de cidadáns do interior da Terra Chá para coller a A-6. “Podería ser tamén un enlace desta zona chairega coa Mariña se o Goberno galego cumprise coa peticións veciñais e arranxase a estrada de Cabreiros a Momán, que é de titularidade da Xunta de Galicia”.

“Dobre xogo”
“O acontecido nesta vía é un claro exemplo do dobre xogo do PP, pois no Concello de Xermade e na Deputación de Lugo, onde son oposición, aseguran que apoian o arranxo desta estrada, sen embargo na Xunta de Galicia, onde gobernan, néganse a investir na súa mellora. O Partido Popular tenta enganar aos veciños, facendo ver que non son do mesmo partido o equipo nas institucións, rexeitándose a eles mesmos”, apuntou Campos Conde.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000