Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

19/06/2017

Aberto o prazo para estudar nun dos mellores Campus de España con descontos do 50% na matrícula

- Ata o 3 de xullo, os interesados poden preinscribirse no Campus Terra e solicitar as becas que o Goberno da Deputación ofrece a primeiros estudantes para reducir á metade os custos de matrícula en 10 titulacións
- O Executivo Provincial ofrece as bolsas na súa aposta polo acceso universal á educación pública de calidade. Máis de 250 alumnos se beneficiaron das mesmas o ano pasado, estudando unhas das mellores universidades do país, como recoñece o U-Ránking 2017
Aberto o prazo de preinscrición para estudar nun dos mellores Campus de España, como é o Campus Terra de Lugo, tal e como o recoñeceu o U-Ránking, que é a última enquisa sobre a calidade dos estudos de grao no país. Dentro da súa aposta polo acceso universal á educación pública de calidade, o Goberno da Deputación ofrece a primeiros estudantes da universidade lucenses becas coas que financiarlles a metade da matrícula de 10 titulacións. Os interesados teñen de prazo ata o 3 de xullo para preinscribirse e solicitar o desconto do 50% dos custos, que asume o Executivo Provincial. Toda a información en www.paraestudarlugo.com, así como en www.usc.es e www.deputacionlugo.gal. As 10 titulacións nas que o Goberno da Deputación ofrece becas para financiar o 50% dos custos da matrícula son as seguintes: • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais• Grao en Enxeñaría Civil• Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía• Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria• Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural• Grao en Lingua e Literatura Españolas• Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural• Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos• Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas• Grao en Administración e Dirección de EmpresasO ano pasado, máis de 250 estudantes se beneficiaron das bolsas de estudo do Goberno da Deputación no Campus Terra. Lugo como cidade universitariaEstas bolsas de estudo enmárcase dentro da campaña de promoción do Campus Terra e de Lugo como cidade universitaria, que Deputación e USC puxeron en marcha por cuarto ano consecutivo. Baixo o nome Para estudar, Lugo, a campaña remarca os seguintes aspectos da universidade e capital lucense: 1.- a súa completa oferta formativa, que permite a especialización, pois o Campus Terra ofrece 15 graos e 3 dobres graos das 4 ramas do saber: Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñería e Arquitectura. 2.- O seu carácter internacional, cando a universidade lucense xa conta con alumnos de 20 nacionalidades distintas. 3.- Campus multilingüe, pois o Campus Terra os alumnos rematan a súa titulación cun nivel, como mínimo, de B1 nunha lingua estranxeira. 4.- A calidade de vida de Lugo e o bo acoller de todos lucenses, como así o apuntan 9 de cada 10 estudantes do Campus Terra. 5.- E a súa excelencia, cando se sitúa entre as mellores universidades de España e ata de Europa, como a Facultade de Veterinaria.Resultados da campañaGrazas ás tres anteriores edicións da campaña Para estudar, Lugo, o Campus Terra pasou dun nivel de ocupación do 63% no 2013 ao 71% que ten na actualidade. O número de estudantes nas 10 titulacións con descontos no custo da matrícula aumentou nun 9%. Hai casos moi significativos, con graos que se cubriron. Por exemplo, Enxeñería de Procesos Químicos Industriais pasou de ter 18 a 47 alumnos, e Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria de 30 a 45, estando en ambos os dous casos completos este ano.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000