Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

16/06/2017

A Deputación acolle o Congreso Galego-Asturiano de Cardioloxía con máis de 170 especialistas das dúas comunidades

- No encontro, que se celebra no Salón de Actos do Organismo Provincial, participan profesionais da Cardioloxía de recoñecido prestixio, coma o Profesor Valentín Fuster
- O Vicepresidente da Deputación destacou que “é un privilexio acoller na Deputación aos máis importantes profesionais da cardioloxía para abordar temas sanitarios que preocupan a toda a sociedade”
- Cardiólogos e cirurxiáns cardíacos de Galicia e Asturias tratan, entre outros, temas como a insuficiencia cardíaca, o risco cardiovascular ou a calidade asistencial
A Deputación acolle o Congreso Galego-Asturiano de Cardioloxía con máis de 170 especialistas das dúas comunidades
O Vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez Núñez, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, á Xefa Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, Begoña Seco Varela, ao Presidente da Sociedade Asturiana de Cardioloxía, Leonardo Gómez Esmorís e ao Presidente da Sociedade Galega de Cardioloxía, Carlos González Juanatey, participou este venres na apertura do Congreso Galego-Asturiano de Cardioloxía. O encontro, no que participan máis de 170 especialistas da cardioloxía de Galicia e de Asturias, tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San MarcosMartínez Núñez destacou que “é un privilexio acoller na Deputación aos máis importantes profesionais da cardioloxía para abordar temas sanitarios que preocupan a toda a sociedade. As enfermidades do sistema circulatorio representan a primeira causa de morte en Asturias e Galicia. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, estas patoloxías ocasionan máis de 9.500 mortes anuais na comunidade galega”. Neste senso, apuntou a necesidade de “mellorar os servizos sanitarios da provincia de Lugo para, canto menos, equiparalo ao resto dos galegos”.No congreso, organizado polo Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, participan máis de 170 profesionais: cardiólogos, cirurxiáns cardíacos, médicos de Atención Primaria e enfermeiros de Galicia e de Asturias, coma o Profesor Valentín Fuster, Director do Centro Nacional De Investigacións Cardiovasculares.ProgramaciónOs especialistas en cardioloxía participan nunha mesa redonda para poñer en común os seus coñecementos en diversos temas. Entre outros, abordarán o risco cardiovascular, a insuficiencia cardíaca, os avances sobre a revascularización coronaria ou a calidade asistencial. O Congreso Galego-Asturiano de Cardioloxía tamén sacará as súas actividades á rúa. En colaboración coa Fundación Española do Corazón, mañá sábado na Praza de San Marcos de 11.00 a 13.00 horas, vanse realizar diferentes actividades para promover hábitos de vida cardiosaudables.O domingo, 18 de xuño, terá lugar a marcha cardiosaudable “Corazón sano, corazón en forma” que parte da Praza Maior de Lugo ás 12.00 horas.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000