Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

19/05/2017

O Goberno da Deputación destina 500.000 euros á  mellora da rede de saneamento de Monforte de Lemos

- O Executivo aprobou na Xunta de Goberno o convenio de colaboración co Concello de Monforte de Lemos e a Confederación Hidrográfica para executar conxuntamente estas actuacións con 1,4 millóns de euros
- O Presidente explicou que se actuará nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo, poñendo fin ás infiltracións e aos problemas que plantexou a Xunta para conectar a rede de saneamento municipal coa do Porto Seco
- Deuse conta da desestimación do recurso contencioso presentado por Elena Candia en contra da moción de censura. O Xulgado interpón á demandante custas non superiores aos 500 euros

O Goberno da Deputación destina 500.000 euros á  mellora da rede de saneamento de Monforte de Lemos

O Presidente, Darío Campos Conde, informou este venres que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno o convenio de colaboración co Concello de Monforte de Lemos e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para mellorar a rede de saneamento municipal da cidade do Cabe entre ditas 3 administracións.

Son actuacións de 1,4 millóns de euros. Desta cantidade, o Goberno da Deputación destina 500.000 euros en varias anualidades: 25.000 euros este ano, 250.000 no 2018 e 225.000 no 2019. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil fará exactamente as mesmas achegas. O Concello de Monforte de Lemos destina 400.000 euros: 20.000 este ano, 200.000 no 2018 e 180.000 euros no 2019.

Campos Conde explicou que os traballos consistirán na dotación dun novo sistema de saneamento nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo, que conectará coa depuradora de Piñeira. Nestes puntos, detectáronse infiltracións de auga á propia instalación, que provocan o incremento do caudal e evitan o correcto funcionamento do bombeo.

Con estes actuacións mellorase por completo a rede municipal en beneficio dos 19.000 monfortinos, ponse fin ás incidencias e dáse solución ao problema da Xunta para conectar as redes de saneamentos do Porto Seco e a municipal.

Desestimación do recurso de Candia
Deuse conta á Xunta de Goberno do auto sobre o recurso contencioso interposto pola voceira provincial do Partido Popular, Elena Candia, contra a moción de censura. O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Lugo desestimou este recurso e interpuxo as custas á parte demandante, que non superan os 500 euros.

Obras
O Goberno da Deputación aprobou o Plan de Seguridade e Saúde no traballo para poder arrancar nos vindeiros días coa demolición do antigo Fogar Escola de Becerreá e coa construción dunha residencia e centro de día público. Estas actuacións, que son as da 1ª fase deste proxecto, foron adxudicas con 70.000 euros do organismo provincial.

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000