Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

TURISMO NA PROVINCIA

Coñeces Lugo? Cada un dos municipios lucenses posúe atractivos que convirten esta provincia en única.

ver TURISMO NA PROVINCIA

SEDE ELECTRÓNICA

Infórmate dos trámites en liña que a Deputación pon á túa disposición. Desta maneira, cando teñas que facer xestións oficiais aforrarás tempo e contarás con total garantía de eficacia e seguridade.

ver SEDE ELECTRÓNICA

COÑECE A DEPUTACIÓN

Consulta a súa organización, os proxectos nos que está a traballar e a actividade doutros centros dependentes do organismo provincial.

ver COÑECE A DEPUTACIÓN

NOVAS

Para estar ó día de todos os proxectos do Goberno provincial, non tes máis que acceder a este apartado. Coñecerás puntualmente a actividade dos distintos departamentos.

ver NOVAS

Hoxe

17/08/2017

O Goberno da Deputación enche Chantada de actividades culturais e turísticas con 10.000 euros

- Santos Ramos avanzou a programación de cine, teatro, música e actividades fluviais, que o Goberno Provincial leva e ofrece gratis no municipio chantadino durante toda unha semana para dinamizar social e economicamente esta Comarca
-  O Deputado de Relacións Institucionais adiantou que a Praza do Cantón será o escenario das proxeccións, concertos e actuacións teatrais previstas dende hoxe e ata o vindeiro xoves; mentres que o domingo será a Praia do Parque Sangoñedo a que acolla tobogáns, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs...

Leer máis

17/08/2017

Goberno da Deputación e Concello de Burela aunan literatura e música na III Feira do Libro, que contará co concerto de Luar na Lubre e outras con 14 actividades

Goberno da Deputación e Concello de Burela aunan literatura e música na III Feira do Libro, que contará co concerto de Luar na Lubre e outras con 14 actividades

- A Deputada de Cultura, o Alcalde e o Concelleiro de Cultura presentaron esta cita, que terá lugar do 25 ao 27 de agosto e arrancará co pregón da escritora Marica Campo
- Contará con 10 expositores doutras tantas librerías, presentacións e sinaturas de publicacións dos propios autores, ademais das actuacións de Luar na Lubre ou do cuarteto local de jazz, así como actividades para nenos como contacontos
- García Porto inaugurou hoxe en Foz a Feira do Libro que o Goberno da Deputación, en colaboración coa Federación de Librerías de Galicia, leva a este municipio, cunha achega de 3.000 euros, dende estes xoves e ata o vindeiro domingo

Leer máis

16/08/2017

Aberta a solicitude das axudas de 485.000 euros, que o Goberno da Deputación ofrece a clubs deportivos da provincia

Aberta a solicitude das axudas de 485.000 euros, que o Goberno da Deputación ofrece a clubs deportivos da provincia

- Todos os clubs e entidades da provincia federados das distintas modalidades deportivas poden presentar as súas peticións ata o 4 de setembro incluído
- Son entre 4.000 e 300 euros para actividade competitiva ou entre 2.000 e 300 para a organización de eventos. Pódese optar a un máximo de 3 axudas por disciplina
- O Executivo Provincial incorporou criterios sociais para favorecer a clubs mixtos, femininos, con capacidades diferentes, do rural, con ascensos ou galardóns deportivos

Leer máis

16/08/2017

O Goberno da Deputación inviste 6.000 euros na promoción do pemento de Mougán

O Goberno da Deputación inviste 6.000 euros na promoción do pemento de Mougán

- A Deputada de Cultura presentou, co Alcalde e Concelleiros de Guntín, a XVI Festa do Pemento de Mougán, que terá lugar o 26 e 27 de agosto, grazas ao apoio económico que decidiu facer o Executivo Provincial dende a Deputación
- “Facémolo no marco do Plan Estratéxico de Turismo, na nosa aposta pola promoción dos produtos autóctonos e únicos dos Concellos, como un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e xerar riqueza na provincia”, explicou
- “Agardamos que ducias de persoas degusten os pementos únicos da terra de Guntín, que, grazas ao esforzo dos seus produtores, están inscritos no Rexistro Comunitario de Denominacións de Orixe Protexida e Indicacións Xeográficas Protexidas” subliñou

Leer máis

A Festa da Malla de Meira cumpre 26 anos, co apoio do Goberno da Deputación

A Festa da Malla de Meira cumpre 26 anos,  co apoio do Goberno da Deputación

Está declarada Festa de Interese Turístico, e celebrase o día 20 de agosto na Praza Maior. Actuarán a Banda de Música e a Banda de gaitas de Meira, Nove Ferreñas, Trío Muralla, os Valuros de Castro de Rei, Leña Verde, e haberá xogos para nenos

Leer máis

50 nenos e nenas participan nas actividades fluviais gratuítas do Goberno da Deputación en Navia de Suarna

Trátase da programación coa que o Executivo reforza a oferta lúdica e deportiva dos Concellos do interior da provincia durante o período de vacacións

Leer máis

12/08/2017

O Mercado Medieval de Mondoñedo celebra outra edición co apoio da Deputación, principal impulsora con 32.000 euros

O Mercado Medieval de Mondoñedo celebra outra edición co apoio da Deputación, principal impulsora con 32.000 euros

A Deputada de Economía, Maya García asistiu, xunto con outras autoridades, a inauguración desta nova cita que se celebra esta fin de semana, e que espera atraer a miles de visitantes

Leer máis

12/08/2017

O Goberno da Deputación promove a XXI Feira do Libro de Viveiro

O Goberno da Deputación promove a XXI Feira do Libro de Viveiro

-ADeputada de Cultura, Pilar García Porto inaugurou esta nova edición,  tras escoitar os pregóns, o infantil a cargo deAndrea Dovale e da escritora Vanesa Santiago

-ADeputación ten instalado un stand con publicacións editadas polo organismoprovincial, e a Fundación TIC, gravará a feira para promover e difundir oevento por toda a provincia

- Oorganismo provincial realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración dasFeiras do Libro por toda a provincia, en colaboración coa Federación deLibreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial naprovincia

Leer máis

11/08/2017

O Goberno da Deputación pon en valor os recursos fluviais da provincia con actividades gratuítas en Concellos do interior

O Goberno da Deputación pon en valor os recursos fluviais da provincia con actividades gratuítas en Concellos do interior

- Faino coa programación de actividades deportivas fluviais, que ofrece a todos os públicos e leva a todas as zonas da provincia, no marco do Plan Estratéxico de Turismo
- Rivera Capón destacou que “buscamos reforzar a oferta lúdica e deportiva no interior lugués, ofrecendo tanto norte, centro e sur da provincia, unha alternativa ao turismo de praia, e amosando as posibilidades de lecer tamén nos nosos ríos”
- Inclúe 12 xornadas con tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animacións musicais ou xogos populares. Todo baixo a supervisión dun coordinador e de entre 6 e 12 monitores para a seguridade

Leer máis

10/08/2017

A Capela de Santa María acolle “A Foliada”, do artista lucense Xoán Vila

A Capela de Santa María acolle “A Foliada”, do artista lucense Xoán Vila

- García Porto inaugurou este xoves a colección, composta por oito conxuntos escultóricos de madeira, inspirados na cultura popular galega, e que estará exposta ata o 17 de setembro
-A Deputada de Cultura destacou “que dende o Goberno da Deputación cremos importante promover este tipo de iniciativas que contribúen a impulsar o traballo de artistas lucenses”

Leer máis

Máis novas

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000