Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Lugo

¿Conoces Lugo? Cada uno de los municipios lucenses posee atractivos que convierten esta provincia en única.

ver Lugo

Sede Electrónica

Infórmate de los trámites on-line que la Diputación pone a tu disposición. De esta manera cuando tengas que hacer gestiones oficiales ahorrarás tiempo y contarás con total garantía de eficacia y seguridad.

ver Sede Electrónica

Entra en la Diputación

Consulta su organización, los proyectos en los que está trabajando y la actividad de otros centros dependientes del organismo provincial.

ver Entra en la Diputación

Banner Mercado Nadal 2017

ver Banner Mercado Nadal 2017

Actualidad

23/11/2017

A Deputación abre no Museo Provincial a 1ª sala específica de Arte Africano en Galicia grazas a Xoán Anllo

231117 IMG-5981

- Campos Conde e Méndez López inauguraron a sala permanente de Arte Africano que acolle o Museo Provincial na capital grazas á doazón do artista Xoán Anllo

- Conta con 102 pezas únicas de escultura, mobiliario, regalías, máscaras, escultura e orfebrería. Todos os interesados poden visitala de xeito gratuíto

Leer más

23/11/2017

Deputación e Concello colaboran coa APIG na integración social de 250 familias lucenses de etnia xitana

231117 IMG-20171123-WA0013

- López Izquierdo e González Abelleira mantiveron este xoves un encontro con usuarios deste colectivo para coñecer in situ os resultados das varias colaboracións que acadaron os 20.000 euros este ano

- Estes fondos permitiron a realización dun programa formativo sobre albanelería que fixo posible a rehabilitación de 7 vivendas por parte dos propietarios; e manter no local social da APIG unha intensa actividade de axuda, orientación ou formación

- Centos de veciños de etnia xitana de todas as idades recibiron axudas para a compra de material escolar, actividades de reforzo educativo, cursos de alfabetización dixital, do carné B1 de conducir...; asesoramento sobre servizos sanitarios, solicitudes de subvencións, requisitos para percibir de prestacións como o RISGA...

 

Leer más

23/11/2017

Aprobado o Orzamento do Consorcio de Bombeiros con 4,9 millóns, aos que deben incorporarse outros 660.000 euros

231117 BOMBEROS

- É a cantidade que deben achegar ao 50% Xunta e Deputación para equipar as condicións salariais dos bombeiros. Campos Conde adiantou que “ao igual que fixemos no 2017, no novo Presuposto provincial figurarán os 330.000 euros para isto”

- No Pleno de hoxe, ao que asistiron os bombeiros “para que teñan toda a información e non tenten enganalos”, a Xunta dixo que este ano si achegaría os seus 330.000 euros logo de non facelo este ano, impedindo a equiparación salarial dos profesionais

- A Xunta só acepta crear un grupo de traballo para a xestión directa dos parques no 2019 se a Deputación se compromete previamente a asumir todos os posibles incrementos económicos, indemnizacións... Presentou as súas condicións ao Pleno

Leer más

23/11/2017

O Goberno da Deputación atende xa a case 1.300 maiores da provincia coa Teleasistencia gratuíta

231117 FOTO TELEASISTENCIA

- A Deputada de Benestar informou que nun ano o número de usuarios se incrementou en 400 e que se ofrecen 276 prazas máis. Solicitudes en 982 260 138

- López Izquierdo mantivo un encontro cunha veciña do Saviñao de 88 anos que conta con esta prestación que o Executivo Provincial ofrece a custo cero a lucenses con dificultades en canto a súa autonomía, sexan dependentes ou non

- Faino porque a Xunta, administración galega coas competencias directas, ten unha Teleasistencia con copago para os usuarios e limitada a persoas só catalogadas como dependentes, deixando fóra a centos de veciños

- Distribución das 1.279 prazas: A Mariña 335; Terra Chá 229; Comarca de Lugo 249; Comarca de Sarria 100; Comarca da Ulloa 21; A Montaña 61; Lemos e Chantada 284

Leer más

23/11/2017

Mañá abre a solicitude para que os artesáns participen no Mercado de Nadal da Deputación

- Os interesados poden presentar a documentación necesaria ata o día 30 inclusive, a no Rexistro Provincial. En www.deputacionlugo.gal publicarase toda a información

- Poderán participar un mínimo de 12 profesionais e un máximo de 24, pois conta con 12 casetas que poden compartirse. Está aberto a todos os artesáns con carta oficial. Como novidade, este ano a Deputación levará unha caseta de información

- Inclúe a celebración de múltiples actividades e demostracións para potenciar a comercialización de produtos artesanais e dinamizar o comercio durante o Nadal

Leer más

22/11/2017

Campos Conde inicia o proceso de disolución da TIC e a integración do seu persoal e actividade na Deputación

221117 IMG-5764

- O Presidente inclúe na orde do día da reunión do Padroado deste mércores, no que se aprobou o orzamento da TIC con modificacións por esta decisión, a posta en marcha deste proceso

- Os pasos son os seguintes: cambio de Estatutos da TIC e aprobación do mesmo por parte da Xunta, e acordo do Pleno Provincial de subrogación do persoal e actividades da TIC na Deputación

- O orzamento da TIC para 2018 é de 1,6 millóns para reforzar o ensino de calidade na EIS, a labor social xunto ao conxunto do tecido asociativo da provincia e a promoción dos Concellos

Leer más

22/11/2017

Lugo acollerá un partido de rugby feminino entre Galicia e Aragón grazas ao apoio do Goberno da Deputación

221117 Presentacion partido rugby-deputación

- O evento terá lugar o vindeiro domingo 26, ás 13:00 horas, no Estadio Gregorio Pérez Rivera, enmarcado no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

- Rivera Capón subliñou que “estamos a facer unha aposta decidida polo deporte do rugby e polo deporte feminino, pois colaboramos con clubs como o Muralla que leva a cabo un traballo importante e cunha longa tradición na provincia de Lugo”

- O Goberno da Deputación colabora coa Federación Galega de Rugby na celebración deste evento cunha achega de 3.000 euros para promover o deporte feminino

Leer más

22/11/2017

A Deputación é a única administración galega que colabora cos 800 hostaleiros da APEHL con 60.000 euros

221117 ACTO DA APEHL-LUGO

- O Presidente, que participou no 40º aniversario deste colectivo, destacou a “imprescindible” labor deste sector para a economía e promoción turística. “Cantos visitantes lembrarán a nosa provincia e dirán con satisfacción ..E para comer, Lugo

- Con ditos fondos este ano elaborouse material sobre a oferta turística e gastronómica para os establecementos; celebráronse xornadas gastronómicas como Estase cocendo ou Cume Tapas, ademais de cursos de formación especializada para estes profesionais; ou levouse fóra de Galicia a campaña promocional ... E para comer, Lugo

Leer más

22/11/2017

Deputación e Concello prestan atención profesional diaria a unha ducia de maiores con Alzheimer a través de AFA Viveiro

221117 IMG-5765

- López Izquierdo e Loureiro García mantiveron estes mércores un encontro con usuarios da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Viveiro para coñecer in situ os resultados das varias colaboracións institucionais

- Colaboracións: contratación de 3 profesionais para a atención diaria de maiores con Alzheimer; cesión gratuíta dun espazo municipal para o desenvolvemento de toda a actividade deste colectivo; e financiamento íntegro dun completo programa de talleres

Leer más

Más noticias

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000